escolas161118.jpgO programa das Escolas Deportivas Municipais é un conglomerado de actividades extraescolares que se ofertan dende a Delegación de Cultura e Deportes para os nenos/as e adultos de Negreira. A oferta no noso concello consta das seguintes disciplinas: Atletismo; aerobic; fútbol sala; multideporte; ioga; patinaxe; pádel; predeporte; tenis; xadrez; ximnasia rítmica; ximnasia de maiores e ximnasia de mantemento.

 

Entre as disciplinas máis demandadas están o fútbol sala con 87 usuarios e a de ximnasia rítmica con 79 en canto a participantes escolares. Pádel ,con 79 usuarios e ioga con 76, son as máis demandas entre os adultos de Negreira.

 

As actividades son impartidas por trece monitores que son os responsables de dirixir e coordinador as distintas actividades, cuxo obxetivo principal é fomentar a practica deportiva entre os máis novos. En canto os adultos, a principal intención é a de mellorar o nivel físico e adquirir destreza nos distintos deportes.

 

A día de hoxe xa son moitos os nenos/as que comezaron nas Escolas Deportivas e que co paso dos anos conseguiron grandes resultados deportivos a nivel autonómico e nacional na súas respectivas modalidades.

 

Tamén cabe destacar a competición escolar nas distintas modalidades; así os equipos de fútbol sala das escolas que comezarán a competición o venres 23 de novembro, o equipo de baloncesto que vai pola segunda xornada da competición escolar, e os equipos de atletismo e xadrez que comezarán a súa competición a mediados de decembro.

 

En ximnasia rítmica tamén o pasado ano se acadaron grandes logros a nivel competición, posto que as nosas ximnastas coparon os primeiros postos no primeiro Campionato Inter-Escolas, no que esta tempada participaremos novamente.

0
0
0
s2sdefault