escolamusica141118.jpgA Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, vén de autorizar mediante unha Orde do 30 de outubro de 2018 que hoxe 14 de novembro publica o Diario Oficial de Galicia (DOG), a inclusión da Escola de Música Municipal de Negreira no Rexistro de Escolas de Música e Danza da Comunidade Autónoma de Galicia.

 

A partir de agora, a Escola de Música do Concello de Negreira queda sometida ao réxime de escolas de música e danza, segundo o establecido na Orde do 11 de marzo de 1993 e aos servizos de inspección correspondentes. O centro deberá solicitar a oportuna revisión da inscrición cando teña que modificarse calquera dos datos sinalados nesta orde.

 

 

Esta autorización definitiva pon fin a máis dunha década de espera por esta oficialidade, debido aos contratempos de tipo técnico do que foron obxeto de reparo, nas inspeccións, ás dependencias da última planta do Centro Sociocultural, onde se atopan as aulas da escola municipal.

 

 

Consulta aquí a publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG).

0
0
0
s2sdefault