esc_dep_18.jpgO Concello pon en marcha un novo curso das Escolas Deportivas e Culturais co obxectivo de fomentar e desenvolver as actividades entre a veciñanza. Todas as actividades comezarán no mes de outubro.

 

Para facer efectiva a inscrición, deberase cubrir a folla de inscrición e ingresar o importe da taxa na conta bancaria do Concello de Negreira. Unha vez realizado os dous pasos terase que entregar a documentación na Delegación de Cultura e Deportes. O prazo remata o día 11 de outubro.

 

Prezos

 

40€ por persoa

35€  máis dun membro dunha familia ou dunha escola deportiva

30€ máis de dous membros dunha familia ou dúas escolas deportivas

50€ Ximnasia de mantemento e aeróbic

40€ Ximnasia de maiores

Lémbrase que as actividades de Multideporte e Predeporte son de balde.

 

Escolas Deportivas. Aprender coa actividade física

 

Máis de 400 nenos de entre 5 e 16 anos, e 120 adultos disfrutaron destas escolas o pasado curso, que contou coas seguintes actividades: Atletismo; aeróbic; baloncesto;  fútbol sala; multideporte; patinaxe; predeporte; pádel; tenis; xadrez;  ximnasia rítmica; ximnasia de maiores e ximnasia de mantemento.

 

O Concello de Negreira e a Deputación de A Coruña, destinan para este ano unha importante partida económica. Dous coordinadores e 12 monitores cualificados compoñen o equipo que se encarga de activar a práctica do deporte entre os escolares e adultos.

 

Escolas Culturais. Fomentando a creatividade

 

Un dos maiores compromisos foi o de mellorar as Escolas Culturais, incrementado a súa oferta. Para este curso a oferta componse das seguintes actividades: Escola de teatro; Obradoiro de danza tradicional; pandeireta; sevillanas; informática para nenos, e pintura e gravado.

 

0
0
0
s2sdefault