O campo municipal Jesús García Calvo, no Comprexo Deportivo de Pedra Mámoa, acollerá o domingo 14 de xullo pola mañá, a undécima proba da Liga Autonómica de Agility, un deporte en auxe e, no que participan cans e persoas, que consiste en guiar ao can para que percorra un circuito cheo de obstáculos, no menor tempo posible, coa maior precisión e co mínimo número de erros ou faltas.

 

Esta 11ª proba da Liga Autonómica de Agility está organizada polo Club de Agility Mascoguaou, en colaboración co Concello de Negreira, e o apoio de diversas firmas comerciais.

 

O director da proba será o presidente do Club Agility Mascoguaou, Jorge Vázquez Álvarez, quen forma parte do Comité Organizador xunto ao presidente da Federación Galega de Caza, Javier Nogueira Díz, o secretario xeral da Federación Galega de Caza, José Moure Caneda, e mailo presidente da Federación Galega de Caza na Coruña, José María Álvarez Villar. Actuará como xuíz da proba, Félix Fernández Traseiras.

 

Horario da proba

09.30 horas – Entrega de documentación

10.00 horas – Promoción

12.00 horas – Competición

14.00 horas - Iniciación

 

0
0
0
s2sdefault