vespa.jpgVai selo sábado 13 de outubro, durante todo día, cando amantes das míticas motos vespa e lambretta, cítense en Negreira para participar neste encontro que organizan un grupo de veciños coa colaboración do Concello de Negreira...

 

O programa de actividades comezará coa recepción aos participantes, a partir das 10.30 horas na Carreira de San Mauro, e coa exposición de motos ata as doce do mediodía en que partirán para realizar un roteiro en moto pola parte alta do concello, visitando lugares como o parque eólico do Corzán ou a zona de Campolongo.

 

 

A seguinte parada será para o xantar de irmandade de tódolos participantes ás dúas da tarde, no restaurante O Rueiro, en Vilaserío, na parroquia de Bugallido, onde haberá un sorteo de agasallos xentileza de Motos Antelo, de Negreira.

 

A partir das 16.00 horas comezará o segundo roteiro da xornada que levará aos participantes neste encontro por paraxes naturais como as de Pontemaceira e maila parroquia de Portor, para regresar á vila de Negreira cunha parada no Campo da Feira. Alí, a partir das 19.30 horas celebrarse un concerto a cargo do grupo Sexy Soviets, quenes interpretarán clásicos e himnos musicais dos setenta, oitenta e noventa.

 

O colofón a esta intensa xornada chegará pola noite, a partir das 22.30 horas no Bar O Cotón, cun sesión musical a cargo de Dj Edu Lambretta, e Dj Hugo Xixón.

 

A inscrición ten un prezo de 20 euros e pódese realizar ata o día 9 de outubro. 

Máis info en Negreira Scooter Run.

 

Entrevista a Carlos Fernádez (membro da organización).

 

0
0
0
s2sdefault