avispa_web030519.jpgA Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, dependente da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia, achéganos o novo modelo de solicitude de tratamento contra o cancro do castiñeiro (Cryphonectria parasitica), no cal deberán realizarse todas as peticións de aplicación do inóculo.

 

Co obxecto de mellorar a eficiencia dos tratamentos, nas solicitudes deberá constar, necesariamente, a seguinte información:

- Datos de contacto do solicitante: Nome; apelidos; DNI e número de teléfono.

- Datos da parcela para a que se solicita o tratamento: Provincia; concello; polígono e parcela.

 

As peticións de aplicación do inóculo, así como as achegas ou solicitudes de calquera aclaración, deberán dirixirse ao seguinte enderezo electrónico:

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Ou nos números de teléfono: 981.546.051 e 881.997.210.

 

Asemesmo, infórmase que os datos persoais que consten na comunicación vanse a incorporar a un fiecheiro automatizado, propiedade da Xunta de Galicia, cuxo tratamento é responsabilidade da Consellería do Medio Rural.

 

As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercitar outros dereitos a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, ou nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

 

SOLICITUDE CONTRA O CANCRO DO CASTIÑEIRO

 

Avespiña do castiñeiro

 

Doutra banda, as parroquias de San Pedro de Bugallido e de San Martiño de Liñaio, forman parte da listaxe de lugares das catro provincias galegas onde a Consellería do Medio Rural, a través da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, está a executar ao longo da semana do 29 de abril ao 3 de maio, os tratamentos experimentais contra a avespiña do castiñeiro, que científicamente coñecese como o Drycosmus kuriphilus.

0
0
0
s2sdefault