integracion280218.jpgNa celebración do Día Mundial das Enfermidades Raras recordamos a interesante mesa redonda celebrada no día de onte en Radio Negreira, falando da integración e a diversidade., onde a concelleira de Servizos Sociais e Educación, María Jesús Veiga Hortas, salientabába a importancia de sensibilizar e visibilizar a necesidade dunha sociedade máis tolerante e integradora cara a diversidade.

 

Entre as iniciativas emprendidas polo Concello de Negreira destaca a elaboración dun proxecto de pictogramas, exactamente 304 que a vindeira semana colocaránse nos edificios municipais, centros educativos, e instalacións tanto culturais como deportivas, nunha iniciativa que partiu dunha veciña, Raquel Quintáns, e en colaboración con Ainhoa Rodríguez, da Escola de Kárate Akai Ryu.

 

Asemesmo, tamén figura a creación dun Recuncho da diversidade na Biblioteca Municipal, cun fondo bibliográfico de máis de 30 títulos, así como a celebración do Día Internacional do Autismo, o 2 de abril.

 

E este venres día 2 de marzo preséntase no Auditorio da Casa da Cultura, ás 20:30 horas, o contacontos ¨Cómo axudo a Antón?¨, cuxos autores son Isabel Ponte, veciña de Landeira e terapeuta, e Jorge López, e que aborda a problemática do bulling ou acoso escolar. Anímase á veciñanza a acudir cos fillos e fillas, pois haberá un posterior debate coa participación dos rapaces.

 

Andrés Domínguez, pai da pequena Julia, abogou por mellorar no aspeito educativo pola integración, e porque as institucións dediquen máis recursos económicos a programas sociais, demandado a posta en marcha dun programa de atención temprá para as familias de menores con necesidades.

0
0
0
s2sdefault