viaxaconnos.jpgConducido polo alumnado/traballador do Obradoiro de Emprego Xallas-Barcala-Dubra IV, en colaboración con Radio Negreira, este mércores 6 de febreiro verá a luz un novo espazo radiofónico como é ¨Viaxa con nós¨, onde os catro concellos serán os protagonistas. O espazo emítese a partir das 13:00 horas polo 107.0 de FM e a través de radionegreira online. Tamén estará dispoñible na oferta de Podcast da emisora comarcal.

 

Dentro das propostas de promoción turística que oferta o Obradoiro de Emprego, esta é sen dúbida unha das máis innovadoras, unha aposta pola dinamización do territorio e a divulgación do potencial turístico dos concellos participantes.

 

Trátase dun espazo semanal de contido diverso, dende entrevistas ata a descuberta de recunchos singulares, no que se invitará a audiencia a participar tanto en directo como a través das Redes Sociais. Unha das canles de contacto vai selo número de Whasapp 686 943 980.

 

Segundo destacan os seus promotores, o obxectivo primordial do espazo é a posta en valor dos recursos turísticos e do patrimonio cultural e histórico da zona, promovendo o recoñecemento da riqueza da nosa contorna.

powered by social2s