diververan020718.jpgXa están en marcha os obradoiros de xogos e manualidades Diververán 2018 promovidos polo Concello de Negreira durante os meses de xullo e agosto, en horario de mañá, nas instalacións do Centro Sociocultural.

 

Medio cento de rapaces/as principiaban hoxe a andaina do Diververán, de 10:30 a 12:00 horas, para os máis pequenos, e de 12 a 13:30 horas, os nados de 2009 a 2012.

 

Igualmente, hoxe tiña lugar a presentación dos cursos de natación na piscina municipal do parque do Coto, tamén nos meses de xullo e agosto.

 

E no colexio do Coto, comezaba o campamento urbán Respira. Trátase dunha actividade de conciliación da vida laboral e familiar, que oferta o Centro de Información ás Mulleres (C.I.M.), de 8:45 a 14:45 horas, dende o 2 de xullo ao 31 de agosto. Neste mes de xullo conta cun total de trinta participantes.

0
0
0
s2sdefault