debate100418.jpgO IES Xulián Magariños de Negreira acadou onte a clasificación de dous dos seus tres equipos para a Fase Final do Club de Debate, a celebrarse o vindeiro 5 de maio na cidade de Ferrol. Fixérono tras superar na Fase de Zona celebrada no salón de plenos da Casa do Concello de Teo, aos equipos dos institutos Leixa e Canido, de Ferrol, e aos tres do IES de Cacheiras, de Teo.

 

A temática escollida foi: A mocidade tamén ten actitudes e comportamentos machistas. O IES Xulián Magariños acadaba como xa fixo o pasado curso, a clasificación de dous equipos para a gran final, se ben desta volta, presentaba tres equipos. Finalmente, foron o Equipo 1 (459,80 puntos) e o Equipo 2 (423,80 puntos), os que tentarán revalidar para Negreira e por terceiro ano consecutivo, o título de campións galegos do Club de Debate.

 debate_equipo1.jpg

A decisión final do xurado fíxose agardar, e non foi ata aproximadamente as nove da noite cando coñecíase o desenlace da valoración do xurado, e pola cal, o IES Xulián Magariños pasa á gran final onde agardaban dous equipos do instituto de Ames, un do CPI Eusebio Lorenzo Baleirón, de Dodro, e mailo IES Luís Seoane, de Pontevedra, ca serán os seis equipos da final.

 debate_equipo2.jpg

Os tres equipos do Xulián Magariños estiveron coordenados pola profesora, María Blanco, contando co apoio de alumnos de Segundo de Bacharelato. Na final de Ferrol, o tema a debater será: As tecnoloxías da información propician o emprego do galego ou non?

 

O Club de Debate é unha iniciativa dos Servizos de Normalización Lingüística co apoio dos concellos, entre eles, o de Negreira, de aí, a nosa noraboa a todo alumnado, profesorado e pais e nais que apoiaron coa súa presenza esta xornada chea de emocións.

 

Attachments:
Download this file (Puntuación.jpg)Puntuación.jpg
powered by social2s