diabici1.jpgEste sábado celébrase na capital do Val de Barcala, a edición número 12 do Día da bicicleta, un evento referente na nosa comarca, no que todos os participantes recibirán unha camiseta conmemorativa de agasallo e refrixerios. Igualmente, ao rematar o percorrido haberá un sorteo de agasallos e de dúas mountain bike, por xentileza de Comercial Antelo e Comercial Vigo.  

 

É necesario que a veciñanza interesada en participar faga a súa inscrición previa antes do venres 14 de setembro, na Delegación de Cultura e Deportes, ou ben chamando ó número de teléfono 981 885 886 ou no enderezo de correo: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

 

diabici2.jpg

 

Como nas once edicións anteriores, a concentración será a partir das 10:00 horas na parte final da rúa de Castelao. A saída infantil efectuarase ás 10:30 horas sobre 1,2 quilómetros, entre a saída e mailo campo da feira, a través da propia rúa de Castelao, a do Carme e maila Carreira de San Mauro.

 

Lembramos que o uso de casco é obrigatorio para tódolos participantes nun evento de cuxa seguridade encargaráse a Policía Local e voluntarios de Protección Civil.

0
0
0
s2sdefault