radon120418.jpgO gas radón é unha radiación natural. Procede principalmente do chan, e en menor medida por contaminación de materiais de construción ou da auga. Hai estudos que constatan que o 9 % dos cancros de pulmón en Galicia relaciónanse directamente con esa radiación natural. Negreira e A Baña, son dos dos municipios con alto risco.

 

Por todo isto, o Concello de Negreira está a instalar hoxe unha serie de medidores en cinco edificios públicos: a Casa do Concello; a Casa da Cultura; o Centro Sociocultural; a Escola Infantil e mailo CEIP O Coto. Durante un periodo de tres meses mediarán o nivel de incidencia do gas radón en distintas dependencias onde se concentra esta radiación natural, dentro dunha primeira fase. Logo, exáminase a incidencia do gas e se os niveis son elevados pásase a unha segunda fase cunha medición máis exhaustiva, así como á aplicación de solucións como a ventilación das zonas onde se detecte unha cantidade máis elevada de gas radón.

 

Este traballo corresponde á empresa Control y Estudio (CYE), que radicada en Narón, é pioneira en Galicia e das poucas a nivel nacional, especializada en ofrecer solucións a este problema. Faino en colaboración co Laboratorio de Radón de Galicia, situado no Comprexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS).

powered by social2s