veranos_paz_27032019.jpgUn ano máis, o programa “Vacacións en Paz”, promove o encontro entre as familias galegas e saharauis para a acollida de nenas e nenos do país africano, antiga colonia española.

 

Vacacións en Paz nace dende unha iniciativa solidaria para concienciar a poboación española da difícil situación das persoas saharauis nos campos de refuxiados que naceron en 1975 por mor da invasión armada por parte de Marrocos.

 

Os obxectivos primordiais deste movemento son: A concienciación dos galegos e galegas, pero máis importante é a acción humanitaria que se leva a cabo durante a estadía dos nenos acollidos durante os meses de xullo e agosto, xa que logo, evitan as temperaturas extremas da tempada de calor, que poden chegar aos 50ºC e ademais as familias están obrigadas a levalos nenos ás revisións medicas especiais que se habilitan para tales fins.

 

Quen pode ser familia de acollida

 

Calquera persoa ou familia que esté interesada neste proxecto, pode participar despois de pasar una serie de requisitos, como poden ser a asistencia a unhas xornadas de formación ou unha ficha de colaboración, unha doazón mensual económica para accións humanitarias, e a máis importante, o compromiso de acoller temporalmente a menores saharauis.

 

Máis información nos Servizos Sociais do Concello de Negreira.

powered by social2s