debate190218.jpgNegreira acolleu a última das xornadas de formación do Club de Debate 2018, unha iniciativa promovida dende a coordenadora de equipos de Normalización Lingüística, na que o Concello de Negreira financia os gastos dos tres equipos participantes do instituto negreirés. Esta xornada de formación desenvolveuse na capital do Val de Barcala para os estudantes dos institutos de Teo, Negreira e Ferrol, quenes participarán na fase de zona no concello de Teo, o vindeiro 9 de abril, cuxo tema a debater será: A mocidade tamén ten actitudes e comportamentos machistas, de onde sairán os dous equipos que pasarán á fase final prevista para o 5 de maio, en Ferrol, co tema: As TIC favorecen o uso do galego.

 

O municipio de Ames acollerá a súa propia fase zonal, debido ao elevado número de rapaces e equipos cos que participa, mentres que Dodro agrúpase con centros de Rianxo, Pontevedra e Marín.

 

No caso do instituto de Negreira, este curso participa con tres equipos, sendo o vixente campión das dúas últimas edicións. O pasado ano impúxose na final celebrada en Santiago, por oito puntos de diferencia sobre o IES Luís Seoane, de Pontevedra, sendo terceiro o instituto santiagués de Pontepedriña.

powered by social2s