manuelpenas.jpgConta atrás para unha das grandes citas do calendario atlético do outono en Galicia coa trixésimo novena edición da Carreira Popular de Negreira, máis coñecida como ¨A Clásica¨, os 10.000 metros cos mellores tempos de Galicia e o número catorce no ranking nacional do pasado 2017 e que terá lugar este domingo 11 de novembro, coas probas de 5K e 10K, así como as catro probas escolares.

 

Este mércores péchasen as inscricións e xa supera o milleiro de atletas inscritos en todas as categorías e con máis de seiscentos nas distintas probas escolares, o que equivale a un considerable ascenso de inscricións que aínda poden formalizarse na web: www.aclasicadenegreira.gal.

 

Entre os ilustres inscritos atópase Lolo Penas, vencedor en tres edicións: 2005; 2006 e a última en 2013 sendo o último galego en gañar a proba. O catro veces campión de España absoluto participará co seu novo equipo, o Atletismo O Pino, polo que acaba de fichar. E é que a concesión de premios en metálico aos mellores atletas galegos (200, 100 e 50 euros, respectivamente, en homes e mulleres), esperta o interese por unha carreira dominada polas gacelas africanas.

 

Tamén está confirmada a presenza da olímpica portuguesa, Marisa Barros, quen xa sabe o que é gañar en Negreira en 2010. Barros participou nos Xogos Olímpicos de 2008 en Pekín e 2012 en Londres, onde foi decimo terceira na proba de maratón, ademais de participar nos Campionatos do Mundo de Berlín (2009), e de Europa, en Barcelona (2010). Tamén ostenta a mellor marca desde 2009 feita por unha atleta na maratón de Sevilla.

 

A organización, que recae no Concello de Negreira, tamén confirmou a participación de Sara Vieites, a nena de Cee que cunha parálisis cerebral que lle dificulta a súa movilidad, pese ao cal derrubou numerosas barreiras, sendo un exemplo de superación grazas ao deporte, e quen foi a madrina de honor da última edición da Gala do Deporte de Negreira.

 

marisabarros.jpg

powered by social2s