O Concello de Negreira e debido a situación de alarma sanitaria polo Covid-19 e en sintonía coas medidas adoptadas coas Escolas Deportivas Municipais, da por rematada a presente campaña 2019-2020. As actividades de: Pintura e Debuxo; Teatro; Informática; Baile Tradicional; Pandeireta e Sevillanas, quedan definitivamente clausuradas a raíz da entrada en vigor do estado de alarma.

 

Tamén se suspenden o Ciclo de Teatro previsto para o mes de maio e mailo Día da Muiñeira que se ía a celebrar na primeira fin de semana do mes de xuño.

 

Torneo Ibérico

A celebración do Torneo Ibérico de fútbol veterano que se ía a disputar en Negreira no mes de xuño, tamén se ten que pospoñer para o ano 2021. Nesta edición, na que o equipo anfitrión era o Negreira Veteranos, terase que celebrar o vindeiro ano a espera de que se normalice a actividade deportiva e competitiva.

 

Os compañeiros do pais veciño Portugal, das localidades de Marinha Grande e Sércedo, envían unha mensaxe de ánimo á veciñanza de Negreira e, en particular, ao Negreira Veteranos.

powered by social2s