O acto celebrouse esta mañá no Salón de Plenos Municipal, onde estiveron presentes o alcalde de Negreira, Manuel Ángel Leis, representantes do departamento de Turismo e de Cultura e Deportes e da empresa de xestionar os postos da feira, Hípica Celta.

 

Nel, o alcalde oficializou a celebración da XIV edición da Feira do Románico que terá lugar do 3 ao 5 de setembro. Ademais de diversos obradoiros e postos de artesanía e hostalaría, os asistentes poderán gozar dunha ampla programación de actuacións musicais e actividades a pé de rúa que adiantarán durante as próximas semanas.

 

Para cumprir coa normativa covid, o Concello imporá novas restriccións que axuden a evitar aglomeracións, como prescindir de tabernas e chiringuitos e pechar a feira ás nove da noite para impulsar a restauración local. Tamén reforzarán a presenza das forzas de seguridade municipais e civís para supervisar o cumprimento das medidas establecidas.

 

powered by social2s