emmn.jpgA área de Cultura da Deputación da Coruña destina un orzamento de 360.000 euros ás escolas de música e danza e conservatorios de trinta concellos, entre eles Negreira. A liña de axuda ten como obxectivo garantir a formación artística en todo o territorio da provincia.

 

Trátase da convocatoria de subvencións a concellos para o mantemento de conservatorios, escolas de danza e música municipais, sendo trinta os concellos beneficiarios que reciben axudas que van de entre 20.000 e 8.500 euros.

 

O Concello de Negreira recibe este ano unha aportación da Deputación da Coruña por un importe de 9.000 euros para sufragar os gastos derivados do persoal docente da Escola Municipal de Música.

powered by social2s