Foto tenis

Dende o venres 25 de setembro ata o 4 de outubro, as canchas de tenis do Complexo Deportivo Municipal de Pedra Mámoa acollen a disputa da terceira edición do Open "Vila de Negreira", de tenis, despois de que tivese que ser aprazado polas restricións debido a pandemia da Covid19.

 

A competición bota a andar este venres 25 de setembro coa fase previa da categoría absoluta masculina. Este ano, a pesar de non contar coa participación do gañador das dúas primeiras edicións, o asturiano Roberto Menéndez, pódese dicir que é a edición de maior nivel de xogadores, xa que todos os tenistas que entraron no cadro final atópanse entre os 450 mellores de España, entre os que se atopa o actual subcampión galego, Pedro Ecenarro; o número 1 do cadro, David Cao, así como o incombustible Tomás Currás, ou Iago Dominguez, sobriño da xogadora de Grand Slam, Lourdes Domínguez.

 

O terceiro Open "Vila de Negreira", conta con xóvenes tenistas en ascenso como é o caso de Ánder Tarrío ou o amiense Saúl Berdullas, veciño de Pontemaceira, quen xa participou na última edición e que o pasado ano pertencendo á categoría infantil proclamouse por partida dobre, campión galego infantil e cadete.

 

No cadro feminino hai un total de 16 xogadoras, contando entre elas con participantes asturianas.

 

O torneo complétase coas categorias +35 onde participarán os locais Jesús Mariño e Juan José Mesejo, ambos do Club de Tenis Negreira; e na categoría cadete cóntase coa participación de xóvenes tenistas que adestran nas instalacións de Pedra Mámoa como Ian Rodríguez ou Yeray Quian.

powered by social2s