O Auditorio de Negreira albergará unha das tres fases de zona do Club de debate previas á gran final de 2019 e dentro da iniciativa que desenvolven os equipos de Normalización Lingüística. Será o venres día 5 de abril, nas instalacións do Centro Sociocultural, e coa participación dun equipo do instituto Xulián Magariños, en representación do Concello de Negreira, así como centros educativos de Rianxo (IES Félix Muriel), Dodro (CPI Lourenzo Baleirón), e de Ferrol e Oleiros.

 

A primeira toma de contacto produciuse o pasado luns en Rianxo, cunha xornada de preparación e un simulacro para os equipos participantes na fase de zona de Negreira, e que xunto coas de Pontevedra e Ames, decidirán os equipos que se clasifican para a gran final.

 

¨Hai liberdade de expresión nos medios de comunicación¨, é a temática escollida polos centros de ensino participantes na fase de zona de Negreira. Participan equipos mixtos de entre 4 e 10 estudantes de 3º e 4º da ESO, e de 1º de bacharelato e ciclos formativos.

0
0
0
s2sdefault