O Servizo de Infraestructuras Agrarias da Consellería do Medio Rural informa da toma de posesión provisional dos predios de sustitución da zona de Aro-Campelo-Gonte, no noso concello, cuxas datas son as seguintes:

 

- Para terreos de prado, pasteiro, e labradío sen colleita e monte, o día 15 de xullo de 2019.

- Para os restantes terreos, no momento, no que segundo a costume, se retiren as colleitas actuais.

- Para o caso de que se pretenda retirar arborado, a data límite é o día 15 de xaneiro de 2020 (seis meses despois da toma de posesión), debendo contarse co preceptivo permiso do Servizo de Montes, e xestionándose o aproveitamento con suxeición ao establecido no Decreto 50/2014, do 10 de abril e na Orde do 20 de abril de 2018 que modifica os seus anexos II, III e VI.

 

No prazo de dous meses contados a partir do seguinte á data establecida para a posta a disposición dos predios, poderá reclamar por defecto de superficie nas fincas atribuídas, xuntando unha medición pericial asinada por técnico competente, sobre diferenzas de superficie superiores a unha marxe de tolerancia variable entre a medición in situ e a que conste no boletín de atribucións de novos predios, conforme ao disposto no antedito artigo 37.

 

Importante

As persoas propietarias das parcelas de achega deben permitir aos titulares das novas fincas, o acceso ás mesmas para proceder no prazo de dous meses arriba sinalado, á medición das mesmas.

0
0
0
s2sdefault