foto proclamacion ponte maceira 2020

O acto oficial celebrado o pasado sábado 1 de agosto estivo presidido polo alcalde de Negreira, Manuel Ángel Leis Míguez e mailo presidente da Asociación “Los Pueblos más bonitos de España”, Francisco Mestre Acosta, quenes destaparon o cartel que acredita que o núcleo de A Ponte Maceira é un dos pobos máis bonitos de España, incorporándose este 2020 a esta prestixiosa rede.

 

Este acto contou coa participación do deputado provincial responsábel da área de promoción económica, Blas García Piñeir; o alcalde do Concello de Ames, José Miñones Conde; o alcalde da Baña, José Antonio Pereira Gil; a alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia López e o secretario xeral de Política Lingüística, en representación da Consellería de Cultura, Valentín García Gómez.

 

Trala súa inclusión na rede o pasado mes de xaneiro, o acto de proclamación tivera que ser adiado por mor da pandemia ata a primeira fin de semana de agosto. Ademáis das intervención das autoridades e destapada do cartaz, o acto tamén contou coa música do grupo de gaitas "Jaitas Blue" de Noia e o cuarteto de arpas "Lula vai".

 

A velada rematou cunha tirada de fogos de artificio, nunha fermosa e máxica noite de lúa chea coa ponte iluminada vestindo as súas mellores galas para a ocasión.

 

A Ponte Maceira convértese desta maneira no terceiro pobo de Galicia en recibir tal recoñecemento e, o primeiro na provincia da Coruña.

 

Enlace a galería de imaxes

powered by social2s