xornadaigualdade2018.jpgEste sábado 22 de setembro, dende as seis da tarde, o Parque do Coto é o escenario elixido para celebrar a primeira Xornada pola Igualdade no Deporte  que promoven o Agrón Clube de Fútbol e mailo Concello de Negreira, e que busca ¨concienciar¨ sobre a necesidade de visualizar a muller no mundo do deporte, así como impulsar a práctica do mesmo entre a poboación feminina.

 

Esta xornada foi presentada este xoves no programa de actualidade O Faladoiro, en Radio Negreira, por parte de Natalia Suárez, psicóloga do Centro de Información ás Mulleres (C.I.M.); Diego Rama, directivo do Agrón C.F.; Álvaro Lira, técnico municipal de Deportes, e Ainhoa Rodríguez, directora da Escola de Kárate Akai Ryu.

 

A xornada incluirá o seguinte programa:

 

- 18-19 horas: Adestramento cross training dirixido a mulleres, a cargo do ximnasio Closs Class Negreira. Constará dunha exhibición de deportistas do ximnasio, e unha segunda parte aberta ao público en xeral.

 

- 19 horas: Comezo do acto coa intervención de Silvia Fadeville, veciña e xestora de centros deportivos.

 

- 19.20 horas: Actuación da ximnasta Alba Varela, do Clube Viravolta, de Santiago.

 

- 19.40 horas: Intervencións dos organizadores. Diego Rama, polo Agrón C.F. e mailo alcalde, Jorge Tuñas Caamaño.

 

- 20 horas: Introducción e lectura do manifesto pola Igualdade e Participación da Muller no Deporte, ao que suscribiuse o Agrón C.F., impulsado polo Consello Superior de Deportes.

 

Posteriormente, como peche da xornada celebrarase na polideportiva do Coto un partido de fútbol sala, coa participación de xogadoras do equipo do Gaiola F.S., de Santiago, e do Fisober F.S., de Dumbría, grazas á colaboración de Eva Iglesias e María Maroñas, xogadoras do Gaiola e Fisober, respeitivamente; así como de xogadores do Agrón, persoal do Concello, e veciñanza. Constará de dous partidos de 12 minutos cada un, e cun descanso de cinco minutos.

0
0
0
s2sdefault