A unidade móbil de Inspección Técnica de Vehículos agrícolas atenderá no noso concello nas seguintes datas e horarios:

 

Pesadoira

   •   6 de xullo: 09:00 - 13:30 e 15:15 - 18:00 horas

  •   7 de xullo: 09:00 - 13:30 e 15:15 - 18:00 horas

  •   8 de xullo: 09:00 - 13:30 horas

 

Negreira – Campo da feira

  •   9 de xullo: 09:00 -  13:30 e 15:15 - 18:00 horas

  •   10 de xullo: 09:00 - 13:30 horas

  •   13 de xullo: 09:00 - 13:30 e 15:15 - 18:00 horas

  •   14 de xullo: 09:00 - 13:30 e 15:15 - 18:00 horas

 

Para solicitar cita previa:

 

Por teléfono: 902 30 90 00

 

A través da web: www.sycitv.com – Cita previa

powered by social2s

Un Bando da Alcaldía informa do cambio de ubicación dos Plenos municipais a causa da situación xerada pola crise sanitaria da Covid-19 e tendo en conta a declaración do estado de alarma mediante o Real Decreto 463/2020, e as posteriores prórrogas decretadas, existe a necesidade imperativa de adoptar unha serie de medidas para frear a expansión da pandemia, sendo unha delas o mantemento da distancia social.

 

Considerando que o Salón de Sesións da Casa do Concello, polas súas escasas dimensións, non permite garantir a distancia mínima interpersoal, de dous metros, á luz de garantir a protección da saúde dos membros da Corporación e demais asistentes, e vista a necesidade da reanudación da celebración de plenos de xeito inmediato, a Alcaldía vén de aprobar o cambio de lugar de celebración das dúas sesións extraordinarias.

 

A nova ubicación é o Auditorio da Casa da Cultura, sito na Carreira de San Mauro, 11.

 

As dúas sesións extraordinarias celebraranse o luns, día 15 de xuño, ás 19:00 e ás 20:00 horas.

 

powered by social2s

Como cada ano, o Concello de Negreira está a preparar o servizo de conciliación familiar durante o verán. As circunstancias actuais derivadas da crise sanitaria provocada pola Covid-19 esixen un esforzo de adaptación e reaxuste. Por isto, dende o Concello de Negreira ábrese esta enquisa destinada a coñecer as necesidades reais de conciliación da poboación de Negreira, para así adaptarse mellor e ofrecer un servizo acorde a ditas necesidades, agradecendo de antemán a participación de todas aquelas familias que precisen de dito servizo.

 

Abrimos un plazo de 5 días naturais para aqueles proxenitores que por motivos laborais precisen este tipo de servizo dende  o  día da publicación desta enquisa.

 

Unha vez coñecidas as necesidades reais da poboación tentarase organizar todas as actividades de conciliación. A enquisa débese cubrir nun formulario no que se solicitan datos ás familias para coñecer cantos nenos e nenas estarían interesados en participar nas actividades de conciliación.

 

A enquisa pódese cubrir na seguinte ligazón:

 

https://forms.gle/HGkv2dtFWBL91QbWA

 

powered by social2s

A Escola Municipal de Música do Concello de Negreira abre os prazos de matrícula para alumnado do curso 2020-2021, que este ano como novidade máis importante farase de forma presencial no Rexistro Municipal (Casa do Concello), e de forma telemática na Sede Electrónica d do Concello (https://sede.concellodenegreira.es/opencms/gl/).

 

Prazos

- Do 15 ao 30 de xuño, para alumnado da Escola

- Do 1 de xullo ao 4 de setembro para novos alumnos

 

Comunícase que o día 11 de setembro, ás 18:00 horas no Auditorio do Centro Sociocultural, terá lugar a presentación do curso e a elección de horarios.

 

Audición fin de curso

O alumnado da Escola Municipal de Música protagonizará o venres 19 de xuño, ás 18:30 horas na súa páxina en Facebook, unha audición de fin de curso de forma virtual, dadas as actuais circunstancias pola excepcionalidade do presente curso debido á pandemia sanitaria da Covid-19.

 

powered by social2s

Tras ampliar o prazo para a presentación de obras para o Certame de pintura "Negreira en cor", convocado polo Concello de Negreira, ata finais de maio, o xurado decidiu os seguintes premios no apartado de 6 a 12 anos:

 

1º Premio dotado de 200€ - "Fermoso atardecer", de Andrea Pais Souto (11 anos), de Negreira.

 

2º Premio dotado de 100€ - "Cor esperanza", de Lidia Núñez Forján (7 anos), de Luaña-Brión.

 

 

3º Premio dotado de 50€ - "A danza infinita", de Ayla Amigo Agra (11 anos), de Milladoiro-Ames.

  

 

O apartado de 13 a 18 anos, quedou deserto pola baixa participación, ao igual que o certame de contos "Cóntame un conto".

 

Dende a Delegación de Cultura agradecemos a vosa participación e vos emprazamos ao vindeiro ano 2021. Os premios serán entregados nunha próxima data por determinar, a cal será comunicada ás gañadoras.

powered by social2s