O Concello de Negreira rematou o reparto de máscaras do modelo FFP2 - KN95 a toda a poboación censada no noso municipio, pero como queira que se deu o caso de vivendas onde non había persoas, infórmase que poderán solicitalas por teléfono nas oficinas do Concello (981 88 52 50) ou ben no número da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Negreira (673 35 99 36), para que lle sexan entregadas conforme ao establecido no reparto a toda a cidadanía.

 

Asemesmo, lémbrase que o Concello seguirá facilitando máscaras de protección individual a aquelas persoas vulnerabéis que o precisen para unha visita ao médico ou atención sanitaria, para o cal deben chamar ó Concello en horario de mañá, e posteriormente seránlles entregadas por voluntarios de Protección Civil.

powered by social2s

A Axencia de Turismo de Galicia está a elaborar a Ruta do cocido de Galicia para a que desde a Asociación Terras de Compostela agradecen que os establecementos de restauración que o queiran, indiquen os datos de cada restaurante que ofreza este produto típico de cara a incluílo na Ruta, entre todos aqueles que ofrezan cocido, en tempada ou durante todo o ano, para que aparezan neste dossier informativo e promocional que se está a elaborar.

 

Deben contactar con Chefa Fernández, da Asociación Terras de Compostela, no número de teléfono: 981 81 83 57.

powered by social2s

A unidade móbil de doazón de sangue vaise a desprazar a Negreira, este luns, día 11 de maio, en horario de 9:30 a 14:30, e de 16:00 a 21:00 horas, permanecendo estacionada diante do Centro de Saúde.

 

Todas as persoas que desexan doar sangue deben chamar ao teléfono gratuíto 900 100 828, mediante o sistema de cita previa para facilitar o acceso dos doantes e respectar escrupulosamente as medidas establecidas no Real Decreto 462/2020 do 14 de marzo polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19.

 

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), impulsou medidas para garantir a continuidade deste servizo esencial, que permite cada día salvar vidas de moitos enfermos ingresados nos hospitais galegos. Do seu traballo depende a colaboración diaria dos concellos e aínda máis nestas circunstancias.

 

As persoas que acudan a doar sangue, poden amosar a súa tarxeta de doador de sangue para acreditar o motivo do seu desprazamento. Na unidade móbil facilitarase a todas as persoas que doen sangue un xustificante da antedita doazón.

 

Agradecemos a constante colaboración, vital para acadar as doazóns de sangue que se precisan cada día para axudar a milleiros de doentes.

powered by social2s

O Centro de Saúde informa dun decálogo de normas de prevención fronte á Covid-19 trala reactivación dende este luns 11 de maio, da asistencia nos centros de atención primaria.

 

1º - Ao centro deberase acudir á hora da cita fixada.

2º - Desinfección de mans na entrada.

3º - Obrigatorio acudir todos con máscara de protección.

4º - Os paraugas deben deixarse no lugar habilitado na entrada.

5º - Non se admite a ninguen con bolsas da compra.

6º - Agardarase sentados a ser chamados, nunca de pé.

7º - Só se permiten acompañantes a pacientes dependentes.

8º - Respetar as liñas do solo para manter sempre a distancia de seguridade.

9º - Non formar grupos na entrada do centro, e manter sempre a distancia de seguridade.

10º - Respetar as instalacións, porque son de todos.

powered by social2s

A veciñanza de núcleos de poboación separados de menos de 5.000 habitantes poderán sair sen restriccións horarias, entre as 06:00 e as 23:00 horas, baixo as condicións fixadas polo Goberno Central dentro da Fase 0 do proceso de desescalada, segundo vén de comunicar ao Concello de Negreira, a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP).

 

Esta medida autorizada polo Goberno Central, a instancias da Xunta de Galicia, permite que os residentes na capital municipal non estén suxeitos ás restriccións horarias, ao igual que todos aqueles que residan nas parroquias do noso concello.

powered by social2s