A Primavera Deportiva-Cultural, é unha programación composta 26 actividades de deporte, teatro ou música, da que sobresae o Ciclo de Teatro 2018 con nove representacións repartidas entre os meses de abril, maio e xuño, todas elas no Auditorio do Centro Sociocultural, e nas que as entradas serán de balde, agás para as obras: Os Coleccionistas (20 de abril), e A culpa é do sistema (30 de abril), que teñen un prezo de 10 euros.
En abril destacan citas como a Xuntanza de gaiteiros (sábado 21), ás 20:30 horas co Liceo de Noia, a Escola de Gaita de Negreira e maila Escola de Ames; ou a Clausura das Escolas Deportivas (sábado 28), ás 16:00 horas no Pavillón de Pedra Mámoa.
Maio comezará coa presentación do libro ¨Catro décadas de fútbol do Negreira Veteranos¨, o venres 4 ás nove da noite no Auditorio, mentres que o sábado 5 celebrarase o Encontro dos maiores, e o sábado 12 a sexta edición da Copa Akai Ryu, destacando a presenza da Selección Española de Kárate, ou o acto de entrega dos Premios de Contos e Pintura Infantil (o martes 15); ou o XXI Torneo Intermunicipal de Fútbol Sala e mailo Concerto das Letras Galegas, da Banda Ateneo, ambos o sábado 19 de maio. O último domingo de maio celebrase o XXVI Día da Muiñeira, ás seis do serán na praza do Concello.
E para rematar, nas vésperas do verán, teremos un mes de xuño moi deportivo que comezará o sábado 2 coa Gala de Ximnasia Rítmica e maila final do Torneo Intercentros; o sábado 9 co III Triatlón Solidario e do 25 ó 27 co Campus de porteiros da SD Negreira. Entre medias, o domingo 3 actuará a cantante Tania Fuegho no Auditorio.
Consulta aquí toda a información:
· http://aine.gal/
· Programación Primavera
· Cartel Ciclo de Teatro 2018
O Concello de Negreira informa que está aberto o prazo para a presentación de solicitudes para optar ás axudas que concede a Deputación da Coruña dentro do seu programa de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para a realización de actividades culturais durante o ano 2018.
Os beneficiarios poderán ser:
Entidades de natureza cultural
Entidades de natureza veciñal (asociacións de veciños)
Entidades de natureza socioeducativa
Entidades de natureza social e/o asistencial
O prazo para a solicitude de dita convocatoria rematará o vindeiro 27 de abril do presente ano, ás 14:00 horas.
Para máis información e asesoramento, os interesados poden dirixirse á Axencia de Desenvolvemento Local, na primeira pranta da Casa do Concello.
Durante tres fins de semana consecutivas do mes de abril, Negreira acolle un curso sobre incendios forestais e urbáns dirixido a agrupacións de voluntarios de Protección Civil. Desenvolverase os días 7/8; 14/15 e 21/22 de abril, sendo impartidos en módulos teórico-prácticos por persoal cualificado na Casa da Cultura, e no parque empresarial de Cobas.
Coa colaboración do Concello de Negreira e maila Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Negreira, trátase dun curso descentralizado, promovido e financiado pola Academia Galega de Seguridade (AGAS), Emerxencias 112 Galicia e maila Asociación Provincial de Voluntarios de Protección Civil.
Comunícase aos interesados na reestructuración parcelaria da zona de Aro - Campelo e Gonte, que, nas datas e lugares indicados, o persoal técnico atenderá as consultas dentro da fase de enquisa previa ao acordo.
Local Social de Aro:
Propietarios de Aro: 4, 5, 6, 9 e 10 de abril.
Propietarios de Campelo: 11, 12, 13 e 16 de abril.
Propietarios de Gonte: 17, 18, 19 e 20 de abril.
Horario: 10:00 a 14:00 h.
Ao longo do período establecido, entregarase ás persoas titulares o correspondente documento resumo, no que se relacionan as fincas de reemprazo que se lles asignarán, e quedarán expostos os planos que tamén se poderán ver na web da Xunta de Galicia, a través do seguinte enlace:
http://mediorural.xunta.gal/nc/areas/infraestructuras/concentracions_parcelarias/publicacions/
Durante devandito prazo, as persoas afectadas poderán achegar, por escrito, as alegacións que estimen oportunas.
O Concello de Negreira segue dando pasos para converterse nun municipio referente na ardua tarefa da inclusión das persoas. O último, sumándose neste ano 2018 por primeira vez, á campaña de sensibilización "Light it up blue" (ilumínao de azul), unha campaña de carácter internacional pola que edificios e monumentos emblemáticos de todo o mundo tínguense de azul, en apoio e solidaridade co colectivo de persoas con Trastorno do Espectro do Autismo (TEA) e as súas familias.
A iniciativa consistiu na iluminación de azul da fachada da Casa do Concello, o luns 2 de abril entre as nove e as doce da noite, no Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, no que Radio Negreira sensibilizou a veciñanza sobre o autismo falando con Elena Pérez, coordenadora do Servizo de Promoción da Autonomía Persoal (SPAP), da asociación Aspanaes, de Santiago, xunto con Raquel Quintáns e Ainhoa Rodríguez, veciñas de Negreira e que promoveron o proxecto para colocar un total de 304 pictogramas en edificios e instalacións públicas de Negreira, logrando a adaptación cognitiva dos espazos mediante debuxos e a súa descrición en castelán e inglés.
#ilumínalodeazul
Páxina 178 de 257