emprego060318.jpgEste luns 19 de marzo publicaranse nesta web municipal, as bases para a contratación dun traballador/a para cubrir a oferta laboral por seis meses dun Técnico/a de información, publicidade e promoción turística para traballar nos concellos de Negreira, A Baña e Val do Dubra.

 

Para acceder ao contido das bases dirixirse ao apartado de ¨Publicacións oficias¨, da web (concellodenegreira.gal), ou a través do Taboleiro do Concello de Negreira, sendo o prazo para formalizar a inscrición de 5 días naturais dende a publicación do anuncio na web municipal.

powered by social2s

caminos140318.jpgO programa universitario de maiores da Universidade de Santiago (USC), promove en colaboración co Concello de Negreira, o desenvolmento do ciclo Camiños de coñecemento e experiencia, un proxecto de democratización do coñecemento mediante formación universitaria gratuita dirixido a persoas maiores de 50 anos, ao longo de cinco datas do mes de abril.

 

O lugar das clases será o Telecentro de Negreira (edificio Centro Sociocultural), e a matrícula pódese formalizar polas mañás na Delegación de Cultura e Deportes, ou ben chamando ao número de teléfono 981 885 886.

 

Datas

 

13 de abril - Clase teórica de introducción á música, a cargo da profesora Silvana Longueira Matos (Facultade de CC. da Educación da USC). Horario: 17:00 a 18:30.

19 de abril - Clase teórica de Historia da Cultura de Galicia II, coa profesora Mercedes López-Mayán Navarrete (Facultade de Xeografía e Historia da USC). Horario: 17:00 a 18:30.

20 de abril - Visita ao Arquivo da Catedral de Santiago, coa profesora Mercedes López-Mayán Navarrete (Facultade de Xeografía e Historia da USC). Horario: 11:00 a 12:30.

26 de abril - Clase teórica de Medioambiente. Profesores José A. Rodríguez Añón e Jorge Propupín Castiñeira (Facultade Física da USC). hORARIO: 10:00 a 11:30.

27 de abril - Visita guiada á Estación depuradora de augas residuais (EDAR), de Negreiroa, cos profesores José A. Rodríguez Añón e Jorge Proupín Castiñeira. Horario; 10:00 a 11:30.

Quedaría por confirmar a data de asistencia ao concerto da Real Filharmonía de Galicia, no Auditorio de Galicia, en Santiago.

powered by social2s

conquista1.jpgA Deputación da Coruña pon en marcha a campaña divulgativa de sensibilización e visibilización do deporte feminino  "Conquista os elementos"; dirixida á sociedade en xeral, pero específicamente á mocidade, asociacións, federacións e escolas deportivas municipais.  Na presente campaña, celebraranse un total de 23 vídeo fórum en outros tantos concellos de tódalas comarcas da provincia, que terán como eixo vertebrador, o  documental "Contra os elementos" elaborado pola propia Deputación. 

 

A proxección do documental,  veráse  acompañada, polos relatos en primeira persoa de deportistas femininas, figuras relevantes do eido deportivo, adestradoras e adestradores, especialistas en deporte no eido educativo, árbitros, expertas e expertos en xornalismo deportivo ... estes persoeiros, variarán en cada un dos eventos, así como o formato de presentación, podendo ser mesas redondas ou ben charlas –coloquios.

 

O Concello de Negreira acolle a campaña este venres 16 de marzo ás 11:00 horas no Auditorio do Centro Sociocultural; e que contará coa presenza dunhas relatoras de excepción que participarán na charla-coloquio, baixo o nome "Deporte profesional feminino":

 

Paula Mayobre: Atleta de fondo, internacional coa Selección Española en seis ocasións, ten participado en dous mundiais e un europeo. Campioa galega e de España en varias categorías e distancias como os 3.000, 5.000 e 10.000 metros lisos ou media maratón. Na actualidade compaxina o atletismo exercendo como adestradora e directora da Escola Paula Mayobre.

 

Laura Delgado: Comezou no atletismo en categorías inferiores, en lanzamento de peso e martelo. Posteriormente, centrou a súa actividade no rugby. Actualmente é primeira liña do CRAT Coruña e da Selección Española, coa que ven de proclamarse nocamente campioa de Europa.

 

Attachments:
Download this file (Diptico Xeral _ Conquista os   Elementos_.pdf)Díptico
powered by social2s

foto130318.jpgO Boletín Oficial da Provincia publica hoxe a aprobación do proxecto para construír sendas peonís na estrada DP 5603, de Negreira a Marco do Cornado, pola que discorre o Camiño de Fisterra e Muxía. A Deputación da Coruña destina 1.012.495 euros a este proxecto, dos cales 893.378 corresponden ao orzamento das obras e outros 119.116 euros á expropiación dos predios necesarios para executar os traballos.

 

Este investimento realízase dentro do Plan de Sendas Peonís, que pretende mellorar a seguridade viaria dos peóns en todas as vías de titularidade provincial. Así mesmo, a Deputación realiza este tipo de actuacións especialmente naqueles tramos polos que discorren as sendas xacobeas, co obxectivo de mellorar as dotacións para os peregrinos e evitar que teñan que transitar pola calzada ou as beiravías, co consecuente perigo.

 

As obras na DP 5603 de Negreira a Marco do Cornado realizaranse en catro tramos situados entre os puntos quilométricos 1+430 e 2+170, 7+300 e 7+820, 8+750 e 10+770 e do 11+110 ao 12+900.

 

As novas sendas terán dous metros de ancho e realizaranse en zahorra artificial estabilizada con cemento, o que proporciona un firme brando e cómodo para camiñar longas distancias.

powered by social2s

esqui2.jpgCatro nenos/as do Concello de Negreira participaron esta pasada fin de semana na Estación Invernal de Cabeza de Manzaneda, na provincia de Ourense, na quinta e última quenda da Campaña de Inverno 2018 da Deputación da Coruña. Esta tarde ten lugar o seu regreso despois de desfrutar da neve e os deportes de inverno desde a súa partida na mañá do pasado venres.

 

Os participantes de Negreira viaxaron cando os da Baña, Val do Dubra, Ames, Boqueixón, Rois, Santiago, Teo, Touro, Vedra, Arzúa, Boimorto, Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, O Pino, Tordoia e Trazo.

 

O aloxamento levouse a cabo no albergue Bibei, na propia Estación de Manzaneda, en réxime alimenticio de pensión compreta, dende o xantar do venres ata o xantar do luns, polo que todos os gastos están cubertos.

 

esqui1.jpg

powered by social2s