Diante do confinamento nas nosas casas polo estado de alarma debido á crise sanitaria da Covid-19, desde a Escola Infantil Municipal de Negreira elaboraron este vídeo no que tanto a sua directora Belén como tódalas demais profes e coidadoras (Diana, Lourdes, Irene T., Cris, Elena, Mari Carmen, Clari, Sindy, Irene V, Paula, Noelia e Fani), queren mandar unha mensaxe de ánimo e do que botan en falta aos seus pequenos e pequenas.

 

E mentres #elasquedannacasa

 

Ver vídeo

powered by social2s

Por segunda vez neste mes de abril, o Concello procede a tarefas de desinfección das dependencias interiores do Centro de Saúde e mailo Punto de Atención Continuada. Unha empresa especializada encárgase dos traballos para desinfectar as dependencias sanitarias a instancias do Concello de Negreira, comezando este xoves 16 polo PAC e o venres 17 pola tarde, nas dependencias da primeira pranta onde se ubican as consultas médicas e de enfermería do Centro de Saúde.

 

Novas achegas solidarias

O Concello segue a recibir doazóns de alimentos e axudas económicas para paliar as necesidades das familias máis vulnerábeis do noso municipio. As últimas achegas son unha doazón de 1.000 euros que compromete o Club de Tenis Negreira para axuda destinada a Servizos Sociais, e dous palés de leite, doados polos irmáns José Antonio e Miguel Villar, do Café Bar Fontana; e máis Cooperativas Lácteas Unidas (CLUN).

 

En nome de toda a veciñanza de Negreira, o agradecemento a tódalas persoas particulares, negocios, empresas e clubes deportivos, que ao longo desta crise sanitaria seguen mostrando o seu lado máis solidario coas entregas de material de protección e limpeza, alimentos e doazóns económicas para facer fronte ante as dificultades da poboación máis vulnerable.

 

#NegreiraSairáDisto

powered by social2s

O Concello de Negreira mantén operativo dende o inicio da crise sanitaria do Covid-19, un servizo de voluntariado de atención á cidadanía que pon a disposición das persoas maiores, dependentes e as máis vulnerables, a entrega no domicilio de alimentos, medicamentos ou produtos de primeira necesidade.

 

Para acceder ao servizo de voluntariado de atención cidadá, a veciñanza debe contactar co número de teléfono 664 074 674 (de 9:00 a 14:00 horas), ou no 673 359 936 a partir das 14:00 horas en diante. Este servizo foi posto en marcha o pasado 16 de marzo e, a diario, os voluntarios seguen garantindo ás necesidades da nosa veciñanza.

 

Asemesmo, tamén mantemos en activo o servizo de impresión de tarefas escolares e reparto a domicilio para as familias que carezan de medios para a impresión de fichas e traballos, ou mesmo acceso á rede de Internet. Os traballos deben enviarse ao enderezo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. Débese especificar un enderezo postal e un número de teléfono de contacto e levarémoscho á casa.

 

Dende o Concello tamén se ofrece a posibilidade de entregar máscaras a aquelas persoas que teñan que desprazarse por temas sanitarios, ou causas de forza maior e, que non dispoñan deste tipo de material de protección. As persoas que precisen de máscaras deben de chamar ao número de teléfono: 673 359 936.

 

E dende o Centro de Información ás Mulleres (CIM), ofrécese un servizo de atención psicolóxica a aquelas persoas que se atopen soas no seu domicilio ou que precisen de atención nesta crise sanitaria. Dispoñen do número de teléfono: 662 370 448 e do enderezo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. . Este servizo tamén ofrece asesoramento xurídico.

 

Servizo de pernocta

O Concello de Negreira tamén ofrece a transportistas, un servizo de pernocta para quenes desexen asearse e descansar unha noite para continuar co seu traballo diario, durante o estado de alarma polo Covid-19. As persoas interesadas deben contactar co número de teléfono: 673 359 896 en horario de 9:00 a 24:00 horas, en agradecemento ao seu traballo e debido ao peche de áreas de servizo.

 

powered by social2s

O Concello de Negreira atendendo á situación de alerta sanitaria polo Covid-19, vese na obriga de suspender as Escolas Deportivas Municipais no curso 2019/20 que tiñan como data de remate o día 30 de abril.

 

Asemesmo, tamén se suspenden as actividades deportivas previstas para o mes de maio: A clausura das Escolas Deportivas; a Gala e o Torneo de Ximnasia Rítmica e, o Triatlón Solidario de Negreira, debido ás poucas garantías de poder levar a cabo estas actividades, o cal levounos a tomar a decisión de pospoñelo para o ano 2021 e comenzar a preparar con ilusión estos eventos xa consolidados na programación deportiva anual do noso concello.

 

Agardamos poder comezar a vindeira tempada deportiva 2020/21 no mes de setembro con certa normalidade para poder seguir promocionando o deporte de iniciación, de formación e as actividades de competición.

 

#NegreiraSairáDisto

powered by social2s

O Concello de Negreira mantén aberto ata o vindeiro día 8 de maio, o prazo de entrega de traballos que optan á convocatoria dos XV Certames Cóntame un conto e Pintura infantil.

 

Certame de contos: Consta de unha categoría, de 6 a 18 anos (ambas incluidas), e as obras deberán ter unha extensión máxima de entre seis a oito carillas, con temática libre. A presentación de traballos queda limitada a unha obra por participante.

 

Certame de pintura: Consta de dúas categorías, de 6 a 12 anos e, de 13 a 18 anos. As obras poden facerse en folio, cartulina ou lienzo, preferiblemente en formato folio A3 e con temática libre. A presentación de traballos que queda limitada a unha obra por participante.

 

Unha vez feitos os traballos e debido a situación do estado de alarma polo Covid-19, débese facer unha foto ou escaneo da obra e enviala ao email: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

 

É importante indicar os seguintes datos: Nome e apelidos; idade; dirección e número de teléfono de contacto.

 

Os premios son os seguintes para cada unha das tres categorías que lembramos son dúas en pintura e unha en contos:

 

1º Premio de 200 euros

 

2º Premio de 100 euros

 

3º Premio de 50 euros

 

E lembra, tedes de prazo ata o día 8 de maio para remitir os vosos traballos.

 

powered by social2s