punto_de_atencion_peregrinos.jpgA Deputación da Coruña vén de aprobar, a través do Servizo de Promoción Económica, Turismo e Emprego, a concesión provisional de subvencións do programa DP0029, dirixido aos concellos e agrupacións de concellos da Coruña de menos de 50.000 habitantes para financiar o gasto de persoal das oficinas de turismo durante o ano 2019.

 

Ao Concello de Negreira, en agrupación cos da Baña e Val do Dubra, se lle concede unha achega económica de 11.920 euros para facer fronte aos gastos de contratación dun informador/a turístico para a tempada de verán 2019 cando se produce a maior afluencia de peregrinos polo Camiño de Fisterra, sendo Negreira a porta de entrada.

 

Entre as súas tarefas está a coordinación do Punto de Información que o Concello ten na avenida de Santiago, cuxa apertura producirase no mes de maio.

 

 

 

powered by social2s

tandiferentes.jpgO 21 de marzo de cada ano, e dende o 2012, aínda que se descobreu no 1959, celébrase este día da Síndrome de Down, para visibilizar e sensibilizar á sociedade.

 

O motivo de que se celebre cada 21 de marzo non é por aletoriedade nin capricho, esta condición humana, que está presente en todo o mundo dáse cando se triplica o cromosoma número vinte e un (mes 3, dia 21).

 

O lema para este ano 2019 é “Non deixar a ninguén atrás” como reivindicación para sensibilizar á sociedade sobre os problemas de inxerción a todolos niveis sociais dos individuos afectados por esta condición.

 

O axenda da ONU para o Desarrollo Sostible para 2030 abranxe a meta de que todos os individuos con esta afeción teñan as mesmas oportunidades e haxa una igualdade social completa para con estas persoas afectadas, entre outras metas.

 

O Concello de Negreira súmase a campaña de Down Galicia e, nesta data tan sinalada, pon en marcha una campaña de visibilización repartindo carteis e facendo agasallo dunhas pulseiras con motivo deste día aos alumnos da Escola Municipal de Música.

escola_musica_dia_down_21032019.jpg

powered by social2s

devesaanllares20032019.jpgVisita organizada polo Concello de Negreira, a través da delegación de Cultura e Deportes para o domingo 7 de abril.

 

Hora de saída dende o Centro de Saúde as 08:30h e volta á hora de comer.

 

Localización da ruta

 

Realizamos esta ruta fluvial a orillas do río Xallas. Para iniciar a ruta dirixímonos á aldea de Castrelo.

 

Descrición da ruta

 

Ruta por sendeiros de pescadores a orillas do río Xallas, onde se atopa a Devesa de Anllares, no concello de Mazaricos. Este bosque é case unha milagre, un reduto que representa unha pequena mostra dos bosques autóctonos que no pasado poboaban o territorio atlántico galego. Iniciamos a caminata por unha pista de terra que descende á ribeira do río Xallas. Unha vez que acadamos o río internamonos no espeso bosque de galería. O recollemento do bosque e o susurro da auga nos conceden un ambiente moi calmo. O Xallas flúe por aquí moi calmo, por un terreo de escasa pendente entre o embalse da Fervenza e o embalse de Santa Uxía.

 

powered by social2s

pel20032019.jpgO Boletín Oficial da Provincia publica hoxe a convocatoria de axudas das liñas de axuda do Plan de Emprego Local (PEL) para a anualidade 2019, dirixidas a pequenas, medianas empresas, microempresas e autónomos/as. O prazo de presentación de solicitudes estará aberto dende mañá xoves, 21 de marzo, ata o 22 de abril de 2019 ás 14:00h

 

PEL-PEMES subvenciona ata o 75% na contratación de persoal

 

A liña PEL-PEMES subvencionará ás pemes situadas nos concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia da Coruña para a contratación laboral dunha persoa en situación de desemprego durante un período de 12 meses. A Deputación financiará o 75% do soldo e a Seguridade Social do/a traballador/a contratado/a, ata un máximo de 16.500 euros anuais.O período de contratación subvencionable abarca desde 1 de xaneiro de 2019 e ata un máximo de dous meses posteriores á data de concesión das axudas.

 

Habilítase tamén unha liña PEL-PEMES Mantemento, que subvencionará as contratacións laborais indefinidas das entidades subvencionadas na convocatoria anterior do programa, de maneira que os beneficiarios da convocatoria anterior poidan optar a unha nova axuda para manter o posto de traballo creado en 2018 durante 12 meses máis, financiándose o 50% do soldo e seguridade social cun importe máximo da axuda de 11.000 euros. 

 

PEL-Emprende, axudas para investimentos e actividades

 

Na liña PEL-Emprende Investimento financiaranse a realización de investimentos en bens inventariables novos e necesarios para o desenvolvemento da actividade en empresas cunha antigüidade máxima de 5 anos.  As axudas cubrirán ata o 80% do investimento, cun máximo de 20.000 euros de axuda a fondo perdido, para a compra de aplicacións informáticas, maquinaria, utillaxe, mobiliario e equipos para procesos de información.

 

Na liña PEL-Emprende Actividades contémplanse axudas para subvencionar as actividades e/ou actuacións no desenvolvemento da iniciativa empresarial nos ámbitos de Responsabilidade Social Empresarial, Marketing, comunicación, competitividade e expansión  en empresas cunha antigüidade máxima de 10 anos. As axudas cubrirán ata o 80% do orzamento da actividade, cun máximo de 4.800 euros.

 

Os investimentos e as actividades subvencionadas nas liñas PEL Emprende, deberán ser realizadas no período comprendido entre 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2019.

 

Pódese consultar as bases reguladoras no Boletín Oficial da Provincia nº 45 do día 6 de marzo de 2019 e na páxina web da Deputación da Coruña

 https://emprego.dacoruna.gal.

powered by social2s

carrera150320192.jpgUn total de trinta concellos da provincia da Coruña acollerán, ao longo do presente ano, outras tantas carreiras incluídas dentro da VII edición do Circuíto de Carreiras Populares “Deputación da Coruña”, que contan co apoio da Área de Deportes en colaboración coa Federación Galega de Atletismo. De todas elas, destaca a Carreira Popular de Negreira, unha das máis lonxevas en Galicia que acadará neste 2019 a súa corenta edición e que xa ten data confirmada: O domingo 10 de novembro.

 

CALENDARIO

 

O calendario completo no arquivo adxunto.

 

Attachments:
Download this file (calendario_carreras_populares_2019.pdf)Calendario 2019
powered by social2s