O Concello de Negreira vén de formalizar a contratación do proxecto: Mantemento en camiños e pistas municipais, pertencente ao Plan de Acción Social (PAS 2015 sostíbel), que financia a Deputación de A Coruña.

Este proxecto inclúe as seguintes actuacións: Camiño peonil de Maio Pequeno ata a fonte-lavadoiro; camiño peonil en San Tomé; pista de acceso en Gonte, ata a fonte-lavadoiro; pista de acceso a Lueiro dende os depósitos municipais; pista á fonte no núcleo da Barquiña; canalización e pista dende os depósitos municipais en San Martiño, e pista de acceso ao monte da Pena e repetidores.

Con data do 1 de xuño de 2017 este contrato foi formalizado coa empresa Excavacións Yoni Tuñas, S.L., por un importe total de 168.128,73 euros (IVE 21% incluido).

powered by social2s