Este luns 16 de novembro comeza unha nova campaña solidaria para a recollida de alimentos non perecedeiros e productos de hixiene persoal, entre a veciñanza, e que vai prolongarse ata o 9 de xaneiro de 2021. A cidadanía pode facer as súas achegas voluntarias de alimentos non perecedeiros como conservas, legumes, aceites, patacas, cacao, cebolas e incluso produtos de hixiene persoal.

 

 Os puntos de doazón de alimentos son: Casa Lula; Gadis; Eroski; MercaMás Froiz e Día. En todos eles haberá un espazo habilitado para a entrega voluntaria de alimentos, que nunca farase coa recollida en persoa por parte da asociación.

 

A iniciativa está encabezada un ano máis pola Asociación de Amas de Casa, que cumpre unha década organizando esta recollida solidaria, sempre en estreita colaboración co departamento de Servizos Sociais do Concello quenes se encargan do seu posterior reparto entre aquelas familias nunha situación de maior vulnerabilidade.

 

A campaña foi presentada hoxe nun acto que contou coa presenza do alcalde de Negreira, Manuel Ángel Leis; a técnica de Servizos Sociais, Charo Cajuso, e maila presidenta de Amas de Casa de Negreira, Soledad de la Fuente, quenes coincidiron que nun ano marcado pola pandemia da Covid19 faise máis necesaria ca nunca “unha colaboración solidaria máis forte que nunca por parte da veciñanza e establecementos que queiran colaborar”, segundo salientou o rexedor municipal.

 

Soledad de la Fuente, presidenta do colectivo promotor, subraia que este ano “necesitamos muchos alimentos, sobre todo lo básico como leche, aceite o legumbres”, confiando, sinalou, na aportación solidaria de firmas como Carnicerías Suso que realiza unha aportación voluntaria de carne fresca en vésperas da Noiteboa "este año aportando cuatrocientos kilos, el doble que en los últimos años por las graves consecuencias de la crisis sanitaria", segundo sinalou de la Fuente, quen destacou a importante colaboración da cooperativa Clun, que achega leite á campaña.

 

De antemán, tanto o alcalde como a traballadora social, agradeceron o esforzo que realiza a asociación de Amas de Casa durante estes dez anos, así como a colaboración de particulares e firmas comerciais que queiran sumarse a esta campaña solidaria para entre todos sumar o maior número de alimentos para que cheguen a aquelas familias máis necesitadas.

 

Para contacto coa campaña existe un número de teléfono: 659 180 323

 

Paralelamente, a Asociación de Amas de Casa tamén emprende unha recollida de xoguetes en bo estado que poden entregarse os días 7, 14 e 21 de decembro, en horario de 16:30 a 18:00 horas, no local da entidade, no edificio do antigo instituto, na rúa de Castelao.

powered by social2s