ximnastas1.jpgNegreira acadou catro medallas de ouro na segunda xornada do I Torneo Inter Escolas de ximnasia rítmica, celebrado onte domingo no pavillón Paco Paz da cidade de Ourense. Tralo éxito da primeira xornada o pasado 18 de marzo no Carballiño, as xóvenes ximnastas da Escola Municipal de Ximnasia Rítmica que dirixe María Fernández, refrendaban en Ourense o seu gran traballo de preparación con sendos ouros en equipos: Alevín e Infantil, así como en categoría individual onde Sara Verde fíxose co ouro en alevín, e Xiana García, en infantil.  

 

ximnastas2.jpg

 

Este I Torneo Inter Escolas de ximnasia rítmica está organizado polos  clubes Marusia de Ourense, e Rítmica Compostela, e consta de catro fases, tres das cales se desenvolven na provincia de Ourense (O Carballiño-Ourense e Ribadavia), sendo o pavillón de Pedra Mámoa, en Negreira, o que acolla a gran final o sábado 2 de xuño pola tarde. A terceira fase será o 13 de maio en Ribadavia.

 

Está reservado a ximnastas de nivel escolar B, é dicir, ximnastas que como máximo adestren tres horas á semana. Non poderán participar nel ximnastas que competisen no 2017 no Campionato de Galicia Escolar ou no Campionato Provincial Escolar 2018.

powered by social2s