esqui4quenda.jpgCatro nenos e nenas de entre 10 e 14 anos do Concello de Negreira están a desfrutrar coa Deputación da Coruña, da cuarta quenda da Campaña de esquí 2017 na que participan un cento de rapaces da contorna de Compostela, ao longo desta semana na estación invernal de Leitariegos, na provincia de León.

 esqui4quenda2.jpg

 

Os escolares de Negreira que rematan este venres 24 de marzo a súa estadía dunha semana en Leitariegos, tiveron a oportunidade de iniciarse ou perfeccionar na práctica do esquí con monitores profesionais e participar en numerosas actividades deportivas e culturais que se organizan de xeito complementario.

 esqui4quenda4.jpg

 

A estación de Leitariegos, ubícase na comarca da Laciana, ao noroeste da provincia de León. Trátase dunha excepcional paraxe natural reserva da Biosfera que limita co Principado de Asturias e que conta con dez pistas balizadas de distintos niveis (cinco  vermellas, catro azuis e unha verde) e un snowpark, así como unha escola na que ofrecen clases de esquí e snowboard.

 

esqui4quenda5.jpg

powered by social2s