O Piolo

O Concello de Negreira é o protagonista este venres 26 de marzo da serie-documental "Arrieiros somos", que dirixe o cineasta Rubén Riós e que rende homenaxe neste capítulo as tabernas de antaño, a través da mirada de Pilucha e Juan, quenes rexentaron a taberna O Piolo, na parroquia de San Pedro de Gonte, pola que pasaron ilustres visitantes coma o recoñecido chef donostiarra Juan Mari Arzak

 

O pasado mes de xaneiro, o director Rubén Riós deixouse ver por Negreira da man de Pilucha e Juan. Este matrimonio rexentou até a xubilación de Pilucha con 66 anos, a emblemática taberna O Piolo, onde descorreu boa parte da súa vida. Desas tabernas onde se atopaban os mellores psicólogos das aldeas e que agora están en perigo de extinción.

 

O cineasta ourensán plasmou en imaxes a vida e os testemuños de Pilucha, traballadora incansable con 17 intensas horas de traballo diarias nas súas costas, e que non colleu vacacións até o día da súa xubilación.

 

A rodaxe realizouse en diversos puntos de Negreira como a fermosa paraxe natural de Ponte Maceirarecoñecido como un de Los pueblos más bonitos de España;e no centro da vila. O capítulo emitirase na plataforma de vídeosYoutube, a través da canle da páxina Orgullo Galego,este venres 26 de marzo, a partir das 21:00 horas.

 

"Arrieiros somos" aposta no seu proxecto audiovisual pola sabiduría e a experiencia das xeracións anteriores, xa que o seu traballo e as súas vivenzas foron fundamentais para construir un mundo actual moi mellor.

 

Este traballo púidose levar a cabo grazas ao Concello de Negreira e a aposta da empresa Xadigal, patrocinadora oficial dos doce capítulos deste serie-documental.

powered by social2s