karate070219.jpgEste sábado 9 de febreiro, Negreira ten un novo encontro co deporte. A Asociación Deportiva do Coto celebra o seu vixésimo sétimo trofeo no que o kárate se viste de gala e se pon en valor a esencia do mesmo. A competición comezará ás 16:30 horas no Pavillón Municipal de Pedra Mámoa.

 

Na presente edición serán aproximadamente  200 os participantes e con clubes procedentes de toda Galicia. Concretamente, asistirán 16 clubs pertencentes á comarca de Ferrolterra, de Verín, de Santiago de Compostela, e da veciña Val do Dubra, e por suposto, a asociación anfitriona, con máis de 30 rapazas e rapaces en tódalas categorías.

 

Este ano como novidade dispútase unha modalidade de kata mixta por equipos que, de seguro, resultará un gran éxito. Así, ca realización de unha competición centrada na kata, a Asociación Deportiva do Coto pretende poñer en valor os principios fundamentais da mesma.

powered by social2s