Cartel-Noiteboa.jpgDurante esta segunda quincena do mes de abril e mailos meses de maio e de xuño, o Auditorio de Negreira acolle o Ciclo de Teatro do Concello de Negreira, o cal traerá representacións a nosa vila de grupos afeccioados e profesionais, con Escolas de Teatro, como a de Ames ou Muros, e compañías contrastadas no panorama teatral galego como: Redrum Teatro ou Teatro do Noroeste.

 

Para abrir o ciclo, este sábado 22 ás 21:00 horas teremos en Negreira ao grupo de teatro Metátese, de Palas de Rei (Lugo), coa obra ¨O Euromillón"¨. Trátase dun espectáculo coral que aborda o complexo mundo dos concursos televisivos desde a perspectiva teatral da comedia. O Euromillón é un concurso musical que reúne ás mellores voces da nación e que entrega a nada desprezable cantidade dun millón de euros á voz gañadora.

 

Unha obra en ton de comedia negra na que se aprecian constantes persecucións, raptos, estrañas relacións amorosas, vinganzas, tiros e gánsters sen escrupulos musicais......

 

O venres 28 de abril terá lugar a primeira das compañias profesionais. Redrum Teatro coa obra "Noiteboa", unha traxicomedia que narra a vida dunha familia durante as festas de Nadal. Esta montaxe, prevista para as 21:00 horas, conta cun elenco de luxo formado por: Mela Casal, Ernesto Chao e Guillermo Carvajo.

 

Compretando este primeiro mes, o sábado 29 as 21:00 horas será a quenda da compañía O Aturuxo de Melpómene, coa obra "Terapia de Bar". 

 

Citas en maio

 

No mes de maio haberá catro citas. Comezamos o sábado 6 coa compañía Teatro do Noroeste e a obra "Palabras malditas"; o sábado 13 co grupo Aquelando Teatro, de Muros e a obra "A Fiestra Valdeira", e o venres 19 de maio coa Escola Municipal de Teatro de Ames e a obra "Os Suplicantes". Todas elas ás 21 horas.

 

A Escola Municipal de Teatro de Negreira, como anfitrións, pecha o ciclo coas súas estreas.

 

Para o venres 26 e o sábado 27 de maio, o grupo de adultos "Debullando Teatro" presenta a obra O Mordomo!, Of Course, a partir das nove da noite, e para o sábado 3 de xuño as 18:30 horas, os máis pequenos da Escola de Teatro de Negreira e o grupo da Fundación de Discapacitados Comarca de Barcala, terán ocasión de amosar as súas pequenas representacións.

powered by social2s