A Deputación da Coruña financia con 421.571,84 euros, a través do Plan de Acción Social (PAS), diferentes obras de humanización de espazos públicos e mellora de infraestruturas no concello de Negreira.

 

As obras inclúen a creación de prazas de aparcadoiro para persoas con mobilidade reducida no local social de Romarís, a colocación dunha marquesiña na parada de autobús en Bugallido, a mellora da seguridade en varias rúas do centro de Negreira, as obras de pavimentación en Maio Pequeno e no lugar de San Tomé, así como o acondicionamento de varias pistas de acceso en Gonte, en Lueiro, en A Barquiña e na parroquia de A Pena.

 

Outras intervencións contempladas no proxecto abarcan a impermeabilización da cuberta da azotea no Centro Sociocultural e, a renovación da instalación eléctrica no CEIP O Coto.

 

Levaranse a cabo tamén traballos de adaptación especial en diversas instalacións na área recreativa de Negreiroa e de fontanería e carpintería na escola infantil de Negreira. A actuación complétase coa formación dunha cuberta  na pista de pádel no Comprexo Deportivo Municipal de Pedra Mámoa.

powered by social2s