malecon.jpgA Deputación da Coruña publicaba na xornada de onte o anuncio de licitación das obras de mellora da seguridade vial na estrada DP 1302, no noso termo municipal, que suporán un investimento de 75.398 euros.

 

Os traballos consistirán na construción dunha senda peonil de formigón, asentada sobre unha capa de zahorra artificial e limitada con bordillo nos primeiros 420 metros da DP 1302, que coincide no seu inicio coa rúa Malecón. Para elo levarase a cabo previamente a demolición dos pavementos e pasos salvacunetas existentes, así como o desbroce da superficie, retirando a maleza e árbores existentes na zona.

 

O primeiro tramo da senda contará con novas beirarrúas pola marxe esquerda, con ancho variable en función do espazo dispoñible. O segundo tramo, que discorrerá pola marxe dereita (no esquerdo xa hai beirarrúas) diporá dun ancho total de 1,20 metros, discorrerá a unha cota lixeiramente inferior á da estrada e contará con sistema de recollida de pluviais. Finalmente no terceiro tramo, na zona máis urbana, a beirarrúa discorerrá pola marxe esquerda no acceso rodado á praza do Cortón. Todas as obras están adaptadas para garantizar a accesibilidade e a supresión de barreiras arquitectónicas.

 

As empresas interesadas poden presentar as súas ofertas a través da Plataforma de Contratación do Sector Público poden facelo ata o vindeiro 1 de outubro.

powered by social2s