noitefolk2017.jpgEsta fin de semana terá lugar unha das grandes citas do Verán Cultural do Concello de Negreira.

 

O vindeiro sábado, no Refuxio de Covas, celebrarase a XV edición da Noite Folk. Desta volta, o cartel traerá a Uxía, Treixadura e Tiruleque; cuns concertos que se sucederán por esta orde a partir das 22:30h.

 

Convidamos ao público asistente a que leve os sus instrumentos para facer foliada e recordamos que hai un espazo habilitado para acampar no propio Refuxio.

 

Ademais, o venres 18 haberá unha nova sesión das Noites en Vela na Ponte Maceira. Alí actuará a partir das 22:30 Lulavai, un grupo de arpas celtas composto por catro mulleres que tamén introducen as súas voces.

 

Uxía

Uxía é unha das voces fundamentais da música galega actual. Nos seus máis de 30 anos de carreira artística, renovou a nosa música tradicional conectándoa coas culturas atlánticas e mesturándoa con estilos como a morna, o fado ou con ritmos brasileiros.

 

Treixadura

Dende 1990, Treixadura constitúe un espectáculo musical sorprendente, coa música tradicional observada dende dúas concepcións ben arraigadas: o canto e a gaita. Van alá máis de 25 anos de gravacións e concertos, compartindo co público o poder e a forza evocadora, máxica e reconfortante do canto colectivo.

 

Tiruleque

Tiruleque naceu na primavera de 2002 como consecuencia das inquedanzas musicais de cinco rapaces, todos eles chegados do mundo da música tradicional. Así, experimentan con repertorio recollido ao longo da xeografía galega e crean tamén composicións propias. 

Attachments:
Download this file (cartaz-noite-folk.pdf)Cartaz XV Noite Folk
powered by social2s