coche_prot_civil.jpgO alcalde de Negreira, Jorge Tuñas Caamaño, acompañado de responsables da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Negreira, asistía hoxe en Pontedeume, ao acto de entrega por parte do vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, dun vehículo todoterreo tipo pick-up para o grupo de emerxencias, dun total de 10 vehículos e de 7 embarcacións que fóronlle entregadas a distintas agrupacións.

 

Trátase dunha colaboración entre Administracións para dar unha mellor resposta ante as emerxencias en calquera punto da nosa comunidade. Á entrega tamén asistiron o delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro e o director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor.

 

No acto de entrega de hoxe, asistiron tanto alcaldes como representantes das corporacións municipais de Cangas, Marín, Mugardos, Outes, Pontedeume, Valga e A Veiga, que recibiron unha embarcación pneumática de 5 metros de eslora con remolque. Os dez vehículos todo terreo pick-up entregados foron para os concellos de Corcubión, Coristanco, Mazaricos, Neda, Agrupación de Ordes-Frades, Meira, Ribas de Sil, Mancomunidade de Terras de Celanova, Cerdedo-Cotobade e Negreira.

 

Os voluntarios e voluntarias de Protección Civil desenvolven a diario un labor fundamental para a cidadanía galega. Por iso, a Xunta leva facendo un importante esforzo nos últimos anos para reforzar os seus medios e recursos, e que distribuíuse tendo en conta as necesidades transmitidas polas propias agrupacións, e grazas a el, financiouse a adquisición de pick ups, furgonetas, remolques de emerxencias, equipos de excarceración ou embarcacións pneumáticas, entre outros.

powered by social2s