foto fran

O auditorio Afonso Eanes do Cotón volverá a acoller este venres 10 de febreiro, a XI Gala do Deporte na que se recoñecerá aos mellores deportistas e clubs de 2022 nun evento que comezará ás 21:00 horas. Non faltarán as actuacións artísticas e a presenza dun padriño moi especial: Fran González, o mítico 10 e capitán do Superdépor na década dos 90 en que o club herculino logrou os seus maiores fitos deportivos como unha liga de Primeira División no ano 2000 e dúas Copas do Rei (1995 e 2002), así como tres Supercopas de España (1995, 2000 e 2002). Fran é un dos futbolistas máis queridos que militou no RC Deportivo, quen comezou a súa traxectoria coma deportivista no ano 1988 e rematouna no 2005. Tamén foi internacional absoluto coa Selección Española (1993-2000), con dezasete partidos e dous goles. Desputou a fase final da Eurocopa 2000 e é pai do xogador Nico González, actualmente no Valencia CF.

 

Asemade, durante a XI Gala do Deporte entregaranse os seguinets premios:

- Mellores deportistas promesas

- Mellor deportista

- Mellor club

- Recoñecemento traxectoria

- Recoñecemento colaboración

- Recoñecementos especiais do xurado

powered by social2s