O Centro de Información á Muller (C.I.M.), do Concello de Negreira, promove unha semana (do 21 ó 26 de novembro) chea de actividades para conmemorar o 25 de novembro, o Día Internacional contra a violencia de xénero. Estas actividades foron presentadas este xoves nos estudos de Radio Negreira pola concelleira delegada da Muller, Mar García Vidal, e polas responsábeis do centro, Rosa Fuentes, directora e avogada, e Natalia Suárez, psicóloga.

 

Programa de actividades

 

Luns 21. Obradoiros para adolescentes sobre o uso saudable das novas tecnoloxías no IES Xulián Magariños.

 

Martes 22. Charla sobre o uso seguro das novas tecnoloxías. Aberta a todo o público pero especialmente para os país e as nais. No Auditorio da Casa da Cultura, ás 19:00 horas.

 

Xoves 24. Contacontos para alumnado de Primaria, ás 10:30 horas no Auditorio do Centro Sociocultural, a cargo de Caxoto con “Contamos coa igualdade”.

 

Venres 25. Acto a cargo da Asociación de Empresarios de Negreira (ENE), ás 19:00 horas, no Auditorio do Centro Sociocultural.

 

Sábado 26. Quinta Andaina contra a violencia de xénero. Xuntanza ás 09:30 horas no Centro Sociocultural. Ás 10:00 horas saída da camiñada polos paseos fluviais ata a Área recreativa de Cobas, e regreso a Negreira.

 

A veciñanza de Negreira pode anotarse desde o venres 18 de novembro no Centro de Información á Muller, na área de Servizos Sociais, ou ben chamando aos números de teléfono: 881 035 155 ou 881 035 154. Regalaremos unha camiseta conmemorativa ás 150 primeiras persoas inscritas.

 

Ao remate (ás 13.00 horas), entregaranse os premios do VI Concurso de Relatos e Cartaces gráficos contra a violencia de xénero, convocado entre os escolares dos centros educativos do concello.

 

powered by social2s