O bono social de luz está destinado ás persoas cunha situación económica complicada para poder pagar as súas facturas da luz con máis comodidade. Esta axuda ofrécea o Goberno Español para que as familias poidan beneficiarse dun desconto nos recibos de luz. As persoas que poden pedir o bono social son os consumidores vulnerables.

 

A normativa do bono social de outubro de 2017, o Real Decreto 897/2017 do 7 de outubro, indica que esta consideración outórgase a quen cumpre uns requisitos determinados en canto á súa situación familiar e o seu nivel de renda anual.

 

Máis información: https://selectra.es/energia/info/bono-social

 

O bono social térmico é unha medida proposta polo Goberno Español na que se dan axudas económicas ás persoas vulnerables e en risco de exclusión. Así, estas persoas e unidades familiares poderán facer fronte aos pagos das facturas de gas que teñan que ver coa climatización do fogar.

 

A axuda mínima do bono social térmico que determinou o Goberno serán 25 euros, pero esta contía pode verse aumentada dependendo do grao de vulnerabilidade da persoa e da Comunidade Autónoma na que estea, incrementándose ata nun 60% o valor inicial.

 

Máis información: https://preciogas.com/faq/bono-social-termico

 

O Abono Social telefónico ou de Telecomunicacións atópase dentro da Carta de Dereitos dos Usuarios dos Servizos de Telecomunicacións Electrónicas, no artigo 29, promovida por Real Decreto no ano 2009, e é un compoñente do Servizo Universal promovido polo Ministerio de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital.

 

O Servizo Universal é un conxunto de servizos básicos de Telecomunicacións promovidos polo Goberno que se prestan a todos os usuarios que o necesiten en relación ás súas circunstancias económicas. Dentro do Servizo Universal de Telecomunicacións, o Abono Social é unha bonificación para xubilados e pensionistas na liña telefónica fixa individual que se basea en dous aspectos: a redución do 70% da cota de alta da liña fixa e do 95% do pago mensual da mesma.

 

Máis información: https://www.comparaiso.es/manuales/abono-social-telefono

 

0
0
0
s2sdefault