alimentos 5.jpgDende este luns 20 de novembro e até o día 5 de xaneiro de 2018 a veciñanza de Negreira pode entregar alimentos e produtos de hixiene e limpeza, nas caixas habilitadas nos supermercados da vila pola Asociación de Amas de Casa na súa campaña solidaria para axudar ás familias máis necesitadas do noso concello durante as festas do Nadal.

 

A campaña ponse en marcha en colaboración cos Servizos Sociais Comunitarios e os seguintes supermercados colaboradores: Casa Lula; Gadis; Eroski; MercaMas Froiz e Día.

 

Acéptanse toda clase de alimentos non perecedeiros como conservas, legumes, pan tostado, aceite, leite ou produtos básicos para almorzos e merendas, así como produtos de hixiene persoal e de limpeza.

 

A Asociación de Amas de Casa de Negreira dispón dun número de teléfono de contacto para aqueles particulares e profesionais que queiran facer as súas entregas persoalmente: 659 180 323.

powered by social2s