O vindeiro luns 28 de novembro as 16 horas no Auditorio da Casa da Cultura de Negreira, técnicos da Xunta de Galicia e do Inega, presentarán a segunda fase da campaña “Dálle luz á túa factura”, unha iniciativa de divulgación, formación e sensibilización que pretende achegar á cidadanía consellos para aforrar no consumo de electricidade. 

 

Os obxectivos principais que persigue este proxecto son:

 

•Facilitar a comprensión da factura da luz utilizando unha linguaxe comprensible para o cidadán, linguaxe non exenta, sen embargo, de rigorosidade.

•Dar a coñecer os dereitos que nos asisten como consumidores eléctricos.

 

Para isto elaboráronse distintas ferramentas de comunicación entre as que destaca unha aplicación informática que permite:

 

•Coñecer máis detalladamente todos os conceptos relacionados coa factura da electricidade: Prezo Voluntario ao Pequeno Consumidor (PVPC), termo de potencia, discriminación horaria, contadores intelixentes, mercado eléctrico, etc.

•Diferenciar entre cada un dos axentes do sector eléctrico.

•Calcular de xeito personalizado o termo de potencia contratada máis aconsellable en función do equipamento da vivenda.

•Calcular de xeito personalizado a tarifa máis adecuada en función do equipamento da vivenda e do uso do mesmo.

•Extrapolar os resultados con cuantificación económica e ambiental. 

•Obter consellos de aforro e eficiencia enerxética en iluminación, electrodomésticos, etc.

•Coñecer os dereitos dos consumidores e ónde se poden formular as reclamacións e trámites relacionados coa factura da luz.

 

Para acceder á aplicación:

http://www.inega.es/informacion/simuladores/

 

Teléfono de información da campaña: 900 90 77 23

 

Attachments:
Download this file (Guía rápida.pdf)Guía rápida.pdf
powered by social2s