O Concello de Negreira quere convidar ás familias de Negreira con fillos e fillas menores de 15 anos, a asistir ao XXXIV Trofeo Manolo Martín de fútbol que se vai disputar o martes 8 de agosto no Estadio Abanca – Riazor, de A Coruña, entre o Fabril e mailo Real Madrid Castilla, a partir das 18:30 horas.

Arsenio Iglesias será o encargado de realizar o saque de honra, e toda a recadación irá destinada á recuperación do santuario da Virxe da Barca, en Muxía.

As entradas para os maiores de 15 anos terán un custo de cinco euros. O Concello informa que os sub15 teñen acceso de balde mediante o convite que poderán retirar na Delegación de Cultura e Deportes, na primeira pranta da Casa da Cultura de Negreira.

powered by social2s