romanico251018.jpgUn grupo de estudantes de 2º de ESO do instituto Xulián Magariños participaron este luns nun roteiro polas igrexas románicas de Santa María de Paramos, en Val do Dubra; Santa Baia de Lañas, na Baña, e a de Santa María de Portor, en Negreira.

 

A ruta fíxose en autobús e foi guiada polo técnico municipal de Turismo, Eutropio Rodriguez, licenciado en Historia da Arte e en Fotografía Documental polo International Center of Photography de Nova York.

 

Na viaxe, falouse con gran interese por parte dos rapaces, das principais características do románico visibles en cada unha das igrexas, ademáis de comentar as súas posteriores reformas.

 

A igrexa de Paramos destaca polo seu románico rural do século XIII, conservando a súa cruz latina na planta e fermosas cruces antefixas, así como algún elemento de oratorios anteriores propios do prerrománico do século X. Por contra, a de Santa Baia de Lañas é un fermoso exemplo do románico da segunda metade do século XII, facilmente datable grazas ó descobremento dun Dolio, aerófono de barro dunha soa nota, recentemente nun dos seus canzorros.

powered by social2s