Hoxe ás 22.00 horas péchase a inscrición para participar na XXXVII Carreira Popular de Negreira, este domingo a partir das 10:30 horas coa proba absoluta de 10.000 metros sobre un circuito de 5 quilómetros ao que os atletas xunior, promesa, sénior e veteranos deberán dar dúas voltas, con saída e meta na rúa de Castelao.

 

Presentámosvos a camiseta técnica que levaránse todos os participantes este domingo na 37ª edición da Carreira Popular, xunto coa bolsa do corredor.

 

O Concello de Negreira lembra que na 3ª, 4ª e 5ª carreiras, a entrega de premios (medaias) terá lugar ao chegar á meta.

 

Recollida de dorsais

Pódense retirar este sábado en Negreira, de mañá e tarde. En Garport, na rúa da Cachurra 10, para os adultos e, en Breogán Deportes, na avenida das Brañas 8, para as categorías escolares. O domingo antes das probas no polideportivo do CEIP O Coto.

 

Bolsa corredores adultos

Camiseta técnica; barrita cereais; batido lácteo; auga; pastel e bolsa portaobxectos de poliéster.

 

Bolsa corredores infantís

Camiseta técnica; barrita cereais, batido lácteo; auga; pastel; chapa conmemorativa; medaia e bolsa portaobxectos de poliéster.

 

Avituallamentos en carreira

Puntos de auga nos quilómetros 5 e 8

Avituallamento en meta

Powered; froita e cervexa

 

Outros servizos

Caixóns de saída por marcas; tres globos (ou lebres) por tempos (40´-45´-50´); servizo de cronometraxe por chips; puntos quilométricos sinalizados; gardeiría e gardaroupa no polideportivo do Colexio do Coto; servizo de fisioterapia e masaxes; servizo de duchas na Piscina Climazatizada (servizo de buses), e fotografía profesional.

powered by social2s