foto090318_1.jpgNa conmemoración do Día da Muller, entregouse nun emotivo acto no Auditorio de Negreira, os segundos Premios 8 de marzo, na homenaxe póstuma á profesora Sofía Rodríguez, quen finou hai xusto un mes á idade de 90 anos, cando dende o Concello e mailo Centro de Información ás Mulleres (C.I.M.), tomouse a decisión de homenaxeala co gallo do 8 de marzo.

 

As súas sobriñas, Carmen e María Antonia Peralta Rodríguez, e mailo seu sobriño-neto, Esteban Pratolongo Guzmán, chegado expresamente desde Arxentina onde reside a súa avóa Purita, irmán de Sofía, foron os encargadas de recoller esta distinción de mans do alcalde de Negreira, Jorge Tuñas Caamaño.

 

Durante este acto, houbo intervencións coa lectura de textos dedicados a Sofía por parte dun grupo de alumnas de 5º e 6º curso do colexio O Coto, xunto coa intervención de José Manuel López Tuñas, ex alumno de Sofía, e amigo persoal, así como as palabras da concelleira de Educación, María Jesús Veiga Hortas e mailo alcalde.

 

Un dos momentos máis nostálxicos correspondeu aos agradecementos por parte da familia. A súa sobriña Carmen deu as grazas ao Concello pola homenaxe a súa tía, no día en que Sofía cumpriría 91 anos «y creo que homenaje más bonito no se le pudiese hacer», dándolle as grazas públicamente a unha amiga da súa tía «a Solita que cuando ella murió se encargó de todo porque nosotros no estábamos aquí», pechándose o acto coa actuación do grupo de pandereteiras Limagoia.

 

foto090318_2.jpg

 

Co gallo do 8 de marzo, as sobriñas de Sofía Rodríguez, xunto a José Manuel López Tuñas; a directora do CIM, Rosa Fuentes Cambeiro e maila concelleira, María Jesús Veiga Hortas,  participaron nunha mesa redonda en Radio Negreira.

 

powered by social2s