triatlon180518_1.jpgO sábado 9 de xuño, a vila de Negreira vestirá as súas mellores galas para acoller a terceira edición do Triatlón Solidario Concello de Negreira, que organiza o Club Cervecería O Cotón coa colaboración do Concello de Negreira e dos Concellos de A Baña e Brión, así como numerosas firmas comerciais e entidades sociais. A recadación do evento irá destinada á investigación e tratamento de enfermidades raras e crónicas pola Obra Social Pediatría, do Servizo de Pediatría do Hospital Clínico Universitario de Santiago, representada por Elena Sobrino, directora da aula hospitalaria do Clínico.

 

No acto de presentación participaron os alcaldes de Negreira, Jorge Tuñas Caamaño, e da Baña, Andrés García Cardeso, e mailo técnico de Deportes de Brión, José Manuel Trigo, acompañados por Manuel Sanmartín e Samuel Fernández, membros da directiva do club Cervecería O Cotón Negreira. Todos puseron de manifesto o carácter solidario do evento e a importancia da colaboración entre administracións para un fin benéfico.

 

triatlon180518_2.jpg

 

O III Triatlón Solidario celebrarase na tarde do sábado 9 de xuño, a partir das 17.30 horas e comezará co sector de natación nas augas do encoro Barrié da Maza, ao seu paso polo lugar de Ponte Ínsua, entre Negreira e Brión, cunha travesía a nado de 750 metros. Seguidamente, o sector de bicicleta para cubrir 20 quilómetros arredor de Negreira e, finalmente, o sector de carreira a pé, de 5.000 metros de distancia polo centro da vila, rematando na meta sita no Pazo do Cotón.  

 

As inscricións pódense formalizar no seguinte enlace:

III Triatlón Solidario Concello de Negreira

powered by social2s